fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2017/081B
Ano de inicio: 2017
Investigador Principal: Manuel Riveiro Leira
Outros investigadores: Alfredo Taboada Arias e María Pilar Castro García. Entidade solicitante: ECOCELTA
Departamento:
Área:

O proxecto ten por obxecto a creación dun viveiro de especies macrófitas que abasteza a crecente demanda das instalacións de depuración por lagunaxe, recuperación de ribeiras fluviais degradadas e paisaxismo en zona de ocio e recreativas. A gama inicial estará formada por nove especies: Typha angustifolia (espadaña), Typha latifolia (espadaña), Phragmites australis (carrizo), Scirpus lacustris (xunco xigante), Scirpus validus (xunco de lagoa), Lemma minor (lentella de auga), Iris pseudacorus, Salicornia ramosissima e Lythrum salicaria.
O desenvolvemento do proxecto céntrase en tres eixos:
 
Optimización dos tempos de produción de planta.
Especificacións técnicas dos produtos a introducir no mercado.
Desenvolvemento dun novo produto: illa depuradora (un soporte flotante para macrófitas).
 
Debido as flutuacións na demanda de planta faise necesario dominar os tempos de produción co fin de reducir os stocks de planta e tender a producións tipo JIT (Just in time). Neste proxecto optimizaranse os procesos de produción de cada unha das especies.
 
Neste proxecto preténdese elaborar a documentación técnica de cada un dos produtos onde se reflicte os rangos de fitodepuración en cada unha das épocas do ano, a tolerancia máxima de contaminante, as capacidades extracción de nutrientes e de metais pesados. Esta información é fundamental a hora de dimensionar as instalacións de lagunaxe e unha forma de posicionar os produtos ante a demanda das empresas que se dedican tanto a construción de plantas depuradoras.
 
Co fin de ampliar as aplicacións das plantas producidas, preténdese desenvolver un soporte flotante que permita a utilización de plantas macrófitas en encoros e pequenas balsas co fin de extraer os posibles nutrientes que poidan xerar a eutrofización destes ecosistemas acuáticos. Por unha banda valoraranse as capacidades depurativas de diferentes combinacións de plantas. Por outra, o desenvolvemento dun sistema de flotación que permita a construción das illas depuradoras.
 

 feader

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados