fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2018/039B
Ano de inicio: 2018
Investigador Principal: Manuel Riveiro Leira
Outros investigadores: Alfredo Taboada Arias. Entidade solicitante: AGACA. Entidades colaboradoras: Horsal SCG
Departamento:
Área:

O proxecto pretende reactivar o sector do pemento cunha nova estratexia comercial baseada, nunha gama de variedades autóctonas para tomar posición en cada unha das tipoloxías de pemento do mercado, co plus que ten ser produto ligado “a Terra” e unha mellor adaptación ao agrosistema de Galicia. 
 
As variedades elixidas serían o pemento Guláns no segmento tipo Lamuyo e o Vilanova no segmento tipo California.  Dentro do segmento do pemento de Padrón sería necesario recuperar as características orixinarias do Padrón tradicional co fin de obter un produto claramente diferenciado do material híbrido que actualmente inunda o mercado.  Tamén formaría parte desta gama a variedade Enteza cubriría o segmento do pemento non punxente e para completar este segmento sería necesario conseguir un Padrón cunha punxencia moderada.
 
As variedades tradicionais elixidas posúen un excelente sabor, pero cara a mellorar a súa comercialización sería necesaria unha conformación mais regular que permita diferenciar claramente o produto.  Na procura desta uniformidade, sería necesario un plan de mellora xenética e unha optimización do manexo co fin de diminuír os froitos non comercializables (deformacións, picaduras de trip, manchas, queimaduras, etc.).
Para realizar o planes de mellora ( Guláns, Vilanova e Padrón) utilizarase o material que se encontra no Banco de Xermoplasma do Centro de investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). A nova variedade de Padrón de punxencia moderada obteríase retrocruzando o “Serrano Criollo de Morelos” coa variedade Entenza (Padrón doce).
 
A mellora do manexo centrarase no control de Frankliniella occidentalis (trips) mediante loita biolóxica, optimización da fertilización nitroxenada e control de parámetro abiótico como rega, sombreo e temperatura nos invernadoiros.
 
Para que a transferencia dos datos sexa efectiva, faise necesario un estudo de campo para determinar cales son os fallos de manexo que existen no cultivo co fin de facer máis fincapé nos puntos críticos que teñan un maior impacto na calidade final do produto.  

 feader

 

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados