fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RTA2006-00133-00-00
Ano de inicio: 2006
Investigador Principal: Teresa Moreno López
Outros investigadores: Daniel Franco Ruiz, Lorenzo Monserrat Bermejo, Teresa Moreno López, Luciano Sánchez
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO:

Os consumidores españois e de países occidentais, en xeral, están cada vez máis preocupados pola repercusión que a alimentación ten na súa saúde, polo que a procura de alimentos saudables é, hoxe en día, prioritaria.

A carne, na dieta humana, considérase moi importante porque é unha fonte de proteínas de alto valor biolóxico, minerais como ferro e zinc, vitaminas principalmente do grupo B, acedos grasos esenciais, etc.., pero está considerado como un alimento con exceso de graxa saturada e unha relación omega-6/omega-3 desfavorable; isto supón unha forte limitación para impulsar o seu consumo, xa que os acedos grasos saturados, incrementan os niveis de colesterol sanguíneo, aumentando o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares, así como, dan lugar a problemas de sobrepeso e obesidade.

Diversas organizacións, como o “Departament of Health” (UK) ou a “American Heart Association” (USA) non recomendan consumir máis dun 30 % de graxa na dieta, limitando o consumo de graxas saturadas a un 10 %; e tamén indican que a relación de ácidos graxos poliinsaturados saturados sexa superior a 0,4 e que a relación omega-6/omega-3 sexa inferior a 4.

Recentes investigacións, centráronse nun minoritario grupo de acedos grasos característicos dos rumiantes, chamados “conjugated linoleic acid” (CLA). As funcións biolóxicas máis importantes asociadas ao CLA son: efecto anticanceríxeno en diferentes modelos animais, antidiabético, modificador da resposta inmune efecto lipolítico.

Os CLA son os únicos acedos grasos aos que a “National Academy of Sciences of USA”, recoñece propiedades antitumorais.Comprobouse que a dieta que enriquece o contido en CLA na carne de vacún, en maior medida procede de sementes oleaxinosas. Este incremento do CLA na carne, tamén provoca un incremento no contido de omega-6, empeorando o índice nutricional omega-6/omega-3, sendo necesario estudar conxuntamente ambas as variables.

Nesta liña de traballo, de ofertar cada vez alimentos máis saudables, o grupo de investigación de Calidade de Carne do CIAM estudou nestes últimos anos, que a carne de vacún de raza Loira Galega presentaba uns excelentes índices de omega-6/omega-3 de 1.85 e 1.62. Con todo, inda temos poucos estudos do contido en CLA na carne da raza Loura Galega e os seus cruces, amparada pola I.G.P. “Tenreira Galega”, e é o que se pretende neste proxecto de investigación.

Utilizarase no proxecto diferentes tipos de sementes ricas en acedo linoleico, como son xirasol, soia ou liñaza.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados