fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RTA2005-00217-00-00
Ano de inicio: 2005
Investigador Principal: Jaime Zea Salgueiro
Outros investigadores: Jaime Zea Salgueiro, Gonzalo Flores Calvete, María Pilar Castro García, Bruno Fernández Lorenzo, Juan Enrique Valladares Alonso,Antonio González Arráez, Manuel Cardelle Campos, María Dolores Díaz Díaz, María Sonia Pereira Crespo.
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO:

A asociación chícharo-triticale, como cultivo invernal, pode presentar vantaxes, en canto a rendemento e ausencia de encamado, comparada co cultivo de raigrás italiano anual tipo westerwoldicum, ademais de reducir o input en fertilización nitroxenada.

Os ensilados de chícharo e triticale poden presentar vantaxes, en canto á estabilidade aeróbica, calidade hixiénica, dixestibilidade in vivo e degradabilidade ruminal do nitróxeno, comparados cos ensilados de raigrás italiano.

A produción total de materia orgánica dixestible e de proteína obtida por hectárea no conxunto da alternativa cultivo invernal-maínzo, en secaño húmedo, podería ser independente da precocidade do aproveitamento do cultivo invernal, pero podería ser preferible o corte temperán do mesmo para minimizar o risco dun atraso excesivo na sementeira do maínzo.

O incremento da porcentaxe de leguminosas en ensilados de chícharo-triticale utilizados en racións isonitroxenadas para o gando exerce un efecto positivo en termos de inxesta voluntaria de forraxe e produtividade animal, polo que este ensilado, tanto só como acompañado de maínzo forraxeiro, podería substituír ao ensilado de raigrás italiano anual nas racións do gando de carne e de leite.

O efecto da data de aproveitamento do cultivo invernal na produtividade animal individual e por hectárea poderiase ver sensiblemente modificada polo feito de incluír ensilado de maínzo na dieta.

OBXECTIVOS:

- Avaliar, en termos de facilidade de manexo en réxime de ensilado, rendemento de materia seca por hectárea e composición químico-bromatolóxica, a utilidade como cultivo invernal, das mesturas de chícharo-triticale de diferente porcentaxe de leguminosa.

- Avaliar a capacidade das mesturas de chícharo forraxeiro e triticale para substituír o raigrás anual como cultivo invernal en rotación con maínzo forraxeiro.

- Comparar os cultivos de chícharo-triticale e raigrás anual en canto a estabilidade aeróbica e calidade hixiénica dos ensilados.

- Avaliar o efecto do presecado e do uso dun inoculante a base de bacterias lácticas homofermentativas.- Obter calibracións NIRS para estimar a composición química e dixestibilidade in vitro de mostras frescas e ensiladas de chícharo-triticale e raigrás italiano anual.

- Obter información do efecto da madurez, o presecado e o uso de inoculantes a base de bacterias lácticas homofermentativas, na dixestibilidade in vivo, balance de N e degradabilidade ruminal in situ, nos ensilados de chícharo-triticale e raigrás italiano.

- Comparar a potencialidade dos ensilados de chícharo-triticale cos de raigrás italiano para a produción de carne e leite de vacún, estudando o efecto da variación da proporción leguminosa/cereal na mestura sobre a inxestión voluntaria e sobre a produtividade animal.

- Desenvolver calibracións NIRS que permitan estimar a composición química e a dixestibilidade in vivo destes ensilados.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados