fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Cursos impartidos
CURSO: Derivados lácteos ecolóxicos: Oportunidades de emprego mediante o desenvolvemento da industria láctea ecolóxica

Data: 23/11/2021

DESCARGA DE DÍPTICO
DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
 
 
OBXECTIVOS
 
O obxectivo principal do curso é: 
- Informar a pequenos e medianos gandeiros e os empresarios, coa finalidade de incentivar a elaboración ecolóxica dos derivados lácteos. 
 
Os obxectivos específicos son: 
-  Innovar e orixinar alternativas tecnolóxicas para a transformación ecolóxica do leite. 
-  Xerar oportunidades de emprego mediante o desenvolvemento da industria láctea ecolóxica. 
-  Intercambiar experiencias e problemáticas relacionadas coa industria láctea ecolóxica. 
-  Formular novas estratexias para impulsar a creación ou a conversión das empresas elaboradoras de produtos lácteos ecolóxicos. 
-  Estimular a elaboración ecolóxica de diferentes produtos lácteos empregando boas prácticas ambientais. 
-  Fortalecer e impulsar as pequenas queixerías artesás.
 
DESTINATARIOS:
- Persoal contratado (ou con expectativa de contrato) por empresas agrarias, agroalimentarias, gandeiras ou forestais.
- Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativa de incorporación ao sector primario ou á industria transformadora.
- Agricultores/as activos/as, persoas dedicadas á actividade agraria con producións superiores ás de autoconsumo e dadas de alta no sistema de venda directa, persoal empregado no sector primario por conta allea ou persoas con solicitude de incorporación a través das submedidas 6.1 e 6.3.
- Calquera persoa con interese na materia, incluíndo as que se atopan en risco de pobreza e/ou exclusión social.
 
ORGANIZA.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (CIAM-AGACAL) 
Horario de 9:00 a 15:00 horas.
 
PROGRAMA:
09:00 – Presentación e proposta de obxectivos.
09:15 – Tema 1. Introdución. Desenvolvemento sustentable, gandería ecolóxica e produción láctea. 
10:00 – Tema 2. Fundamentos dos procesos industriais de elaboración de queixos e outros derivados lácteos (nata, manteiga, doce de leite, quefir, iogur e xeados). 
10:45 – Tema 3. Experiencias e problemáticas relacionadas coa industria láctea ecolóxica galega.
12:00 – Pausa
12:30 – Tema 4. O Plan Estratéxico do Sector Lácteo 2020-2025. Oportunidades.
13:15 – Tema 5. Retos de futuro para a industria láctea de Galicia.
14:30 – Preguntas/Enquisa.
15:00 – Despedida e peche.
 
 
PROFESORADO:
- María del Carmen Fernández Ledo (xestora de proxectos sostibles e formadora especializada en Derivados Lácteos Ecolóxicos).
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
 
Salón de actos do CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO.
Estrada Betanzos-Mesón do Vento Km 7 Abegondo (15318 A Coruña)
 
Debido á Covid-19, habilitarase a posibilidade de seguir o curso en liña vía Webex, para o cal deberase indicar na solicitude se asistirá presencialmente ou en liña.
Aqueles participantes que elixan a modalidade telepresencial recibirán un correo electrónico cun enlace para seguir o curso. 
 
SOLICITUDES:
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia.
As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico ao enderezo ciam.cmr@xunta.gal ou por fax 881 881 800
Prazas limitadas. Por rigorosa orde de inscrición.
Admitiranse solicitudes ata o 19 de novembro de 2021.
 
 
ACCIÓN DE FORMACIÓN CONTINUA AGROFORESTAL 2021, COFINANCIADA CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS
foto
26/11/2022
Diversidade Específica do solo ligada ás prácticas tradicionais agrogandeiras no ZEC Ancares-Courel
foto
25/11/2022
Xornada Técnica: MELLOREMOS A SOSTIBILIDADE DAS EXPLOTACIÓNS CON BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN DO XURRO
foto
23/11/2022
Xornada técnica: Avaliación da saúde do sólo con bioindicadores na finca do CIAM
foto
08/11/2022
Xornadas técnicas relacionadas cos programas sanitarios desenvolvidos polas ADSG de gando vacún de Galicia

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados