fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
Inauguración da IV Reunión de Primavera da SGPF: a conselleira Ángeles Vázquez destaca o labor investigador e formativo dos centros de Medio Rural que se reforza coa creación da Agacal

Data: 27/04/2018

FONTE DA NOVA: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/30108/angeles-vazquez-destaca-labor-investigador-formativo-dos-centros-medio-rural

- A conselleira salientou a importancia da transferencia tecnolóxica que se fai desde centros como o CIAM de Mabegondo, que no 2017 executou 35 proxectos e convenios de colaboración, moitos de ámbito nacional e mesmo europeo

- Na inauguración da IV reunión de primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, a titular de Medio Rural puxo en valor o papel do gando no control da vexetación e a prevención dos incendios

reunionpastos4

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), que depende da Consellería do Medio Rural, tivo en execución ata 35 proxectos e convenios de colaboración ao longo do 2017. Case a metade deles (14 en total) foron de ámbito nacional e outros cinco de nivel europeo. Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na inauguración da IV reunión de primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que tivo lugar na propia sede do CIAM, no concello coruñés de Abegondo.

A titular de Medio Rural repasou a traxectoria deste centro de investigación, que proximamente se vai integrar na recentemente creada Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). Esta axencia será a encargada da promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, así como da potenciación da calidade da produción alimentaria galega, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico no eido alimentario.

Neste contexto, Ángeles Vázquez destacou o labor investigador e de transferencia tecnolóxica que leva a cabo o CIAM, lembrando que o ano pasado desde este centro se xeraron 243 actividades de transferencia, entre publicacións, cursos, xornadas, campos de ensaio ou conferencias. Isto, dixo a conselleira, demostra o seu compromiso coa divulgación ao sector de todo o coñecemento que se xera froito da investigación e a innovación realizada.

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados