fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Seminario de Mellora Xenética no marco do XXI Congreso Internacional de Mediciña Bovina "ANEMBE"

Data: 17/05/2016

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural, vén de impartir un seminario especializado sobre Mellora Xenética en Vacún de Leite, no marco do XXI Congreso Internacional ANEMBE de Medicina Bovina, co obxectivo de asesorar e orientar da mellor forma posible ás explotacións gandeiras da Comunidade.

Cun carácter didáctico e eminentemente práctico, este seminario contribuíu á actualización de coñecementos dos técnicos veterinarios nunha área en constante evolución, onde os profesionais do sector necesitan estar ao día dos avances producidos nos últimos anos tras o establecemento das probas xenómicas, elemento que cambiou radicalmente a forma de facer a selección xenética.

Deste xeito, os profesionais que realizan a inseminación artificial -ou que asesoran ás ganderías- deben recomendar os acoplamentos idóneos para a inseminación das vacas, condicionando con esta toma de decisións o futuro das ganderías para obter os mellores animais de recría ou que vaian ser destinados á venda, para conseguir as maiores rendibilidades.

Nesta xornada interviron especialistas da Africor de Lugo e de Xenética Fontao, como centros de referencia no programa de mellora xenética da raza frisona na Comunidade, e do propio CIAM, como centro de investigación e transferencia de coñecementos a agricultores, gandeiros e técnicos do sector.

Así, abordáronse conceptos como a fiabilidade das probas xenéticas, a herdanza dos caracteres, a consanguinidade dos apareamentos, os obxectivos da selección, a correcta interpretación dos catálogos de sementais, as probas xenómicas, así como os apareamentos e os programas informáticos ou as fontes de información a disposición dos profesionais do sector. Completouse a actividade da xornada cunha visita ao Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL).

Fonte da publicación: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/2954/medio-rural-ven-celebrar-seminario-especializado-sobre-mellora-xenetica-vacun

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados