fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Organismo CIAM
Salceda > Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño

Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño

Inaugurada en decembro do 1989 atende as demandas de particulares e profesionais no relativo a experimentación e divulgación de prácticas agrícolas, contribuían a unha mellora da rendibilidades das explotacións hortícolas dentro dun marco máis sostible.

A Estación se asenta nunha finca de 7 ha en Entenza (Salceda de Caselas). Conta cunha superficie protexida de 4550 m², correspondendo 4080 m2 a invernadoiros e 470 m² a un umbráculo. Os invernadoiros se reparten en 7 módulos de 400 m², 6 módulos de 200 m² e un invernadoiro de 80 m². Para o cultivo ao aire libre conta 6 campos de ensaio cunha superficie total de 6000 m². O resto da finca se dedica a viñedo e froiteiras, con 5500 m² e 2500 m², respectivamente.

 

Equipamento

O edificio principal con 1280 m² dispón de zona administrativa, zona de laboratorio e traballo para o desenvolvemento da actividade de investigación. Tamén conta con zonas comúns como aulas, biblioteca, salón de actos, vestiarios e almacén.

A finca régase con auga procedente de 6 pozos de barrena que verten a unha balsa de almacenamento de onde se bombea a toda a finca mediante un grupo de presión. Toda a superficie cultivada se fertirega por goteo mediante dous cabezais de rega automatizados.

Existe un centro de transformación eléctrica e tódalas dependencias posúen corrente eléctrica (incluídos os invernadoiros)

O Centro conta con instalacións de ambiente controlado: dous cámaras frigoríficas de 20 e 70 m² respectivamente e unha cámara de xerminación de 11 m².

Os galpón onde se encontran as zonas de taller, clasificación, almacenaxe e garaxe supoñen unha superficie total construída de 2044 m² .

O parque de maquinaría agrícola conta con tres tractores; apeiros de labranza; máquinas sementadoras, plantadoras e desbrozadoras; máquinas de aplicación de produtos fitosanitarios.

 

Liñas de investigación

• Recursos fitoxenéticos.

• Control de pragas, enfermidades e malas herbas.

• Agricultura ecolóxica.

• Sistemas enerxéticos sostibles no rural.

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados