fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Organismo CIAM

RECURSOS FITOXENÉTICOS:

ecotipos de cereais de inverno AUTÓCTONOS:

Existe unha colección de 195 trigos (Triticum aestivum) de 128 concellos, 91 centeos (Secale cereale) de 63 concellos, 4 aveas (1 Avena fatua, 2 Avena sativa, 1 Avena strigosa) de 4 concellos, y 3 cebadas (1 Hordeum murinum, y 2 Hordeum vulgare). Desde 2003 ata 2005 realizouse unha caracterización, mediante trece parámetros agronómico-fenolóxicos tres parámetros morfolóxicos, de 87 ecotipos de trigo e 53 de centeo. Tanto no trigo como no centeo, observouse unha gran variabilidades en altura de planta, tamaño de espiga, resistencia a enfermidades e precocidade de espigado, o que indica un gran potencial para a selección e creación de novas variedades.

Desde 2012 ata 2014 caracterizáronse 110 ecotipos de trigo autóctono, mediante o uso de oito descritores agronómico-fenolóxicos, vinte e un descritores morfolóxicos e cinco descritores de calidade do gran. Aparte disto, estase a rematar en 2015 os seguintes estudos levados a cabo entre 2013-2015:

- Estudo da calidade do gran das accesións de trigo mediante o análise de electroforese (SDS-page) das bandas de proteína de alto peso molecular, que están relacionadas coa calidade.

- Estudo das duplicidades na colección de cereais de inverno do CIAM. Para isto se utilizarán os datos de caracterización fenolóxica e morfolóxica, e tamén os datos dos análises de electroforese (Acid-page).

TRIGO AUTÓCTONO
É o cereal de inverno máis cultivado actualmente en Galicia e o máis apreciado, debido a súa utilización polos panadeiros para fabricar pans artesáns. Aínda existen moitos ecotipos autóctonos que se cultivan en diversas comarcas de Galicia.

 


CEBADA AUTÓCTONA
É o cereal de inverno menos cultivado en Galicia (<2.5% da superficie total de cereais de inverno), debido á súa peor adaptación ao solo e clima galegos.O seu uso foi para consumo animal, tanto a palla como para facer penso. Hoxe en día é difícil atopala.

 


CENTEO AUTÓCTONO
Foi o cereal de inverno máis cultivado dende a Idade Media en Galicia ata comezos da década dos 90, é o mais empregado para facer pans. A súa gran adaptación a diversos tipos de solo fixo que se cultivase nos montes e terreos menos produtivos. Hoxe en día pode atoparse por varias comarcas galegas, ainda que o seu uso é moito menor.

 


AVEA AUTÓCTONA
É un cereal que se adapta ben a zoas húmidas e templadas, como é a costa galega, aínda que a súa importancia foi moi pequena en Galicia (< 2,5% da superficie total de cereais de inverno). Aparte do gran, utilizouse bastante tamén como forraxe de inverno. Hoxe en día non é doado atopala.

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

NOVIDADES CEREAIS

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados