fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RTA2009-00143
Ano de inicio: 2009
Investigador Principal: Thierry Jean Dagnac
Outros investigadores: Thierry Dagnac, Bruno Fernández lorenzo, Gozalo Flores Calvete, Antonio González Arráez, Juan Enrique Valladares Alonso, Jesús Collar Urquijo
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO:

As micotoxinas son metabolitos secundarios producidos por diversos fungos pertencentes aos xéneros Fusarium, Aspergillus, Penicillium, Alternaria e Claviceps.

Algúns deles poden infectar o millo forraxeiro e producir micotoxinas durante o seu cultivo e o proceso de ensilado. Estas substancias poden ocasionar efectos prexudiciais agudos e crónicos sobre a saúde animal e humana, e reducen a produtividade nas explotacións.

Por todo iso, na Unión Europea aprobáronse normas que regulan o contido máximo de micotoxinas na alimentación animal (Directiva 1999/29 CE e Recomendación 2006/576/CE). As micotoxinas contempladas son a aflatoxina B1 (AFB1), ocratoxina A (OCA) e as producidas por Fusarium (zearalenona (ZEA), deoxinivalenol (DON), fumonisinas B1 e B2 (FB1, FB2) e as toxinas T2 e HT2).Existen evidencias de que os ensilados de millo son o constituínte da ración que achega a maior parte das micotoxinas inxeridas polas vacas de leite.

O risco para a saúde humana asociado á contaminación dos pensos con micotoxinas é desprezable, salvo no caso da aflatoxina B1 que é metabolizada e excretada no leite en forma de aflatoxina M1, unha toxina de alta toxicidade, da cal o contido en leite tamén está regulado (Regulamento CE 2174/2003).En España, tense investigado sobre a ecofisioloxía das especies micotoxixénicas e a incidencia de micotoxinas no cultivo de millo e en alimentos a base de millo. Os fungos illados con maior frecuencia en millo gran en España pertencen ao xénero Fusarium e a súa contaminación con DON, ZEA e fumonisinas foi detectada con frecuencia.

Non obstante, non temos constancia da existencia de traballos sobre micotoxinas en ensilados de millo.

De feito, poucos estudos existen mesmo a nivel mundial, como o demostra o título que o Dr Gretchen A. Kuldau, da Universidade de Pensylvania, atribuíu ao seu relatorio durante a quinta conferencia en The World Mycotoxin Forum 2008: "The less understood: mycotoxins and fungi in forages and silages".

Os poucos datos sobre a incidencia de micotoxinas en ensilados de millo noutros países indican que esta ruta de exposición non debe ser subestimada.

É moi frecuente a aparición simultánea de varias micotoxinas, destacando a prevalencia de DON e ZEA, e a grande variación do tipo e nivel de contaminación. Existe información acerca dos efectos do clima e das prácticas agronómicas sobre a contaminación do cultivo do millo con algúns fungos micotoxixénicos, pero non nas condicións do noroeste de España.

Tamén, existe información sobre o efecto das técnicas de ensilado sobre a calidade de conservación e o valor nutritivo da forraxe, pero apenas se coñece cál é o seu efecto sobre o nivel de contaminación con micotoxinas.A maioría dos métodos de análise de micotoxinas foron descritas en alimentos concentrados para a determinación dunha micotoxina ou dun grupo reducido delas.

Debido a que a regulación europea considera varias micotoxinas e a que é moi común a aparición simultánea destas nun mesmo alimento, a Axencia Europea para a Seguridade Alimentaria (EFSA) recomenda que se desenvolvan métodos multi toxinas.

A cromatografía líquida con espectrómetría de masas en tándem (LC-MS/MS) destacouse nos últimos anos como un dos métodos máis sensibles e robustos para a análise de contaminantes orgánicos, especialmente micotoxinas.Con este proxecto, preténdese:

- Coñecer cál é o nivel de contaminación coas micotoxinas citadas

(obxectivo 1)

e con fungos micotoxixénicos

(obxectivo 3)

en ensilaxes de millo de Galicia.- Identificar os factores climáticos e as prácticas agronómicas que máis determinan o nivel de contaminación con estas micotoxinas

(obxectivo 2)

Avaliar a estabilidade das micotoxinas de Fusarium no ensilaxe de millo e o rendemento de detoxificación durante o ensilaxe en silos de laboratorio e convencionais

(obxectivo 4)

Optimizar e validar un método multimicotoxinas mediante LC-MS/MS

(obxectivo 5, transversal).

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados