fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RTA2008-00115-00-00
Ano de inicio: 2008
Investigador Principal: Teresa Moreno López
Outros investigadores: Daniel Franco Ruiz, cambia a ser IP Teresa Moreno o16/02/2009, Lorenzo Monserrat Bermejo, José Manuel Lorenzo Rodríguez (CETECA), Carlos López Franco (CRZG), Miguel Fernánde Rodríguez (CRZG), Castor José Rivero Martínez (CRZG), José Ramón Justo Feij
Departamento:
Área:

OBXECTIVOS DO PROXECTO:

Preténdese estudar, no prazo de tres anos, con rabaños colaboradores de entre 40 e 50 vacas e o experimental do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG), o ritmo de crecemento, a calidade da canle e da carne dos becerros de dúas razas bovinas galegas en perigo de extinción.

Empregaranse un total de 60 becerros repartidos en, 30 animais de raza Cahcena e 30 de raza Vianesa. Os animais manexaranse en dous sistemas de produción utilizados actualmente ambos de tipo extensivo pero con acabado dos becerros en pastoreo ou en cebadeiro e sacrificio aos 8-9 meses en ambos.

A xestión destas explotacións será levada pola Federación Bovino Autóctono da Galicia (BOAGA).

Na finca experimental, realizaranse un control do consumo e o índice de conversión de alimentos, namentras nas explotacións, controlarase a data de parto, crecemento, peso ao sacreificio e consumo de concentrados nos do cebadeiro. O valor nutritivo destas materias primas será realizado no Laboratorio Agrario Fitopatolóxico de Galicia (LAFIGA) e no Laboratorio Interprofesional Galego do Leite (LIGAL).

Unha vez sacrificados os animais serán despezados no Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA). Controlaránse o pH e a Temperatura da canle, así como os principais parámetros da calidade da canle, conformación (SEUROP) e estado de engraxamento. Asimesmo, realizado o despece, obterase un rendemento carniceiro e categorización das distintas pezas.

Unha vez despezados os animais, o músculo Longisimus dorsi, entre a quinta e décima costela, levará, en condicións isotermas, ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), onde se avaliará a calidade da carne.

Para elo, realizaránse medidas de pH, color, composición química, cantidade de mioglobina, capacidade de retención de auga, así como a cuantificación e identificación do perfil aminoacídico e lipídico. Os resultados analizaránse mediante "Anova" e X2 co paquete estatístico SPSS. No estudio do efecto do acabado e época de nacemento sobre o peso, realizaránse mediante un modelo factorial 4x2 (4épocas parto x 2 acabados) con todos os becerros da explotación.

Por tanto o obxetivo principal proposto neste proxecto é caracterizar os parámetros de calidade da canle e da carne dos becerros da raza Cahena e Vianesa producidos en Galicia.Para o desenvolvemento deste obxetivo principal, consideraránse os seguintes obxetivos:

1. Efecto do acabado e época de nacemento na ganancia de peso e caracterización da canle dos becerros de raza Cachena e Vianesa.

2. Efecto do acabado nos parámetros da calidade físico, química e nutricional da carne dos becerros de ámbalas dúas razas.

3. Estudo económico: Custos de produción e rentabilidade dos becerros das razas Cachena e Vianesa.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados