fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2021C-09
Ano de inicio: 2021
Investigador Principal: Teresa Moreno López
Outros investigadores: Santiago Crecente Campo; Carmen Calvo Santalla; Manuel López Luaces COOPERANTES: Xenética Fontao
Departamento:
Área:

portada

"Acción financiada polo FEADER nun 75%, polo ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5 %,  e pola Comunidade Autónoma de  Galicia nun 22,5 %"

 A selección de vacas cunha boa aptitude maternal (produción láctea, facilidade parto, alta fertilidade...) debería ser unha das liñas prioritarias no desenvolvemento de rabaños de carne con vacas nodrizas FG en sistemas produtivos baseados en pastos e forraxes, co fin de obter becerros cunha axeitada deposición graxa e singulares características de calidade da carne. Ademais, como alternativa produtiva, podería potenciarse a elaboración de queixos tradicionais con leite diferenciado.

O amamantamento prolongado transfire propiedades beneficiosas do leite da nai á carne dos becerros, mellorando atributos de palatibilidade, xugosidade e sabor. Ademais, o aproveitamento de pastos polas vacas inflúe favorablemente na composición de ácidos graxos do leite e consecuentemente na textura e aroma dos queixos.
 
Para recuperar a aptitude maternal das vacas RG, prolongando a lactación dos becerros e avaliando a calidade do leite, realizarase durante tres anos, sobre 100 vacas do rabañao RG do CIAM, unha selección xenómica inicial das 50 mellores femias segundo caracteres maternais. Estas 50 femias pasarán a unha segunda selección (50%) segundo medidas zoométricas, produción láctea, efecto xenético maternal e características maternais, elixindo as 25 mellores.
Estas 25 vacas seleccionadas muxiranse, destinando o leite á elaboración de queixos, caracterizándoos pola súa composición físico-química e nutricional. Ademais, utilizaranse os becerros destetados destas 25 vacas seleccionadas para estudiar a calidade da canal e carne, avaliando o efecto do incremento leiteiro das nais sobre rendemento carniceiro dos becerros e os atributos organolépticos e nutricionais da carne.
 
Ademais, farase unha preselección de 130 femias reprodutoras procedentes de ganderías colaboradoras, baseada en caracteres maternais; as que acaden uns índices xenéticos máis altos, xunto coas vacas elite do CIAM, constituirán a base xenética para o establecemento dun núcleo de multiplicación futura mediante biotecnoloxías reprodutivas, como a transferencia embrionaria.
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados