fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2021C-02
Ano de inicio: 2021
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch Zafra; Thierry Dagnac; Juan Valladares; Valentín García. COOPERANTES: Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL)
Departamento:
Área:

 A neutralidade climática na Unión Europea (cero emisións de CO2) no horizonte 2050 constitúe un obxectivo estratéxico dentro das políticas da Unión, para o cal se aprobaron recentemente diversas estratexias de actuación dentro do denominado Pacto Verde Europeo.

Aproximadamente un 11% das emisións totais de CO2 en España corresponden ao sector agrario, dentro do cal a principal fonte (40% do total) son as emisións entéricas de metano, sendo aproximadamente semellantes as cifras para Galicia. Confirmando os datos anteriores, nun proxecto colaborativo (FEADER 2017-022B) realizado por CIAM-LIGAL coa contribución de granxas leiteiras galegas de diferente intensificación produtiva se puido cuantificar que as emisións netas de CO2-equivalente debidas á produción entérica de metano oscilaban nun rango do 35-55% das emisións totais das explotacións, sendo esta a principal fonte de emisións na actividade de produción de leite de vaca.

Existen evidencias na bibliografía, baseadas en estudos realizados in vitro e in vivo de que o uso de extractos de especies do xénero Eucalyptus cando se aplican á dieta de ruminantes, modifica a fermentación ruminal e permite reducir a emisión entérica de metano. Os resultados detallados do seu efecto sobre a produtividade animal son máis escasos, existindo falta de información sobre a correcta dosificación dos extractos. A potencial utilización dun novo produto en alimentación animal, extraído das follas desta especie forestal que ocupa amplas superficies de terras galegas, abriría novas expectativas de mercado para unha materia prima actualmente escasamente utilizada e contribuiría a revalorizar a produción leiteira de Galicia, trasladando aos consumidores unha imaxe máis favorabel das producións animais e contribuíndo aos obxectivos de cumprimento dos obxectivos de neutralidade climática da UE.
 
Constitúe o obxectivo do presente proxecto FEADER verificar, mediante probas in vitro e in vivo con vacas de leite a utilidade dun novo produto (aceite extraído das follas de Eucalyptus globulus Labill.) engadido como aditivo en distintas doses á dietas completas de vacas de leite sobre: a) a redución das emisións entéricas de metano, b) a inxestión voluntaria, c) a produción e a composición do leite.
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados