fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2021C-01
Ano de inicio: 2021
Investigador Principal: Santiago Crecente Campo
Outros investigadores: Teresa Moreno López COOPERANTES: BEEALIA; ARENA; Asociación Galega de Custodia do Territorio; Fundación Universidad de Oviedo;
Departamento:
Área:

 Os métodos de prevención da predación ao gando son un dos piares para a compatibilidade da gandería coa conservación do lobo. Non obstante, non hai traballos concluíntes sobre a eficacia dos métodos de prevención. É urxente atopar métodos de referencia, adaptados á realidade galega, eficaces e económicos.

Esta problemática é de actualidade en Europa. É por iso que de forma pioneira se propón este proxecto. Considérase por tanto una acción innovadora a nivel europeo, aínda que adaptada á realidade galega.
Neste proxecto testarase a eficiencia de distintas medidas de prevención, optimizando a relación custe/beneficio. En concreto testaranse 3 sistemas de prevención (un para gando maior e dous para gando menor), repetindo cada sistema en 10 localizacións diferentes. Tamén se analizará o custe de implantación e mantemento dos peches.
 
Os 3 sistemas avaliaranse ao longo dun ano para asegurar a súa efectividade, realizando visitas periódicas para comprobar o estado dos peches e o seu correcto mantemento. Cada peche terá unhas dimensións de entre 0,25-1ha, onde se colocarán 3 ovellas para que actúen de reclamo contra o lobo. En parte dos peches realizarase unha monitorización con cámaras de vídeovixiancia as 24 h, para observar a actitude do lobo fronte ós peches.
No proxecto inclúense entidades gandeiras, conservacionistas, estudosas do medio natural, e do ámbito académico, tratando de ser unha representación de tódolos actores que teñen algunha relación coa interacción lobo-gando.
 
Como resultado do proxecto elaborarase unha publicación que permita difundir entre todo o sector gandeiro os coñecementos sobre sistemas de prevención en Galicia.
Este proxecto aporta aos obxectivos da AEI a mellora da xestión dos recursos naturais, o aumento da competitividade da gandería extensiva, a redución da conflitividade social e ambiental cunha especie protexida e a integración dos centros de investigación dentro das problemáticas do sector.
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados