fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2019-02
Ano de inicio: 2019
Investigador Principal: César Resch Zafra
Outros investigadores: Gonzalo Flores Calvete; Valentín García Souto COOPERANTES: Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL)
Departamento:
Área:

 A sustentabilidade dos sistemas produtivos descansa en tres alicerces: protección ambiental, crecemento económico e equidade social. Unha medida de mellora ambiental, só terá un efecto positivo cando conduce a unha situación de mellor equilibrio do sistema, é dicir, que a súa aplicación non comprometa os outros dous elementos de sustentabilidade (aspectos económicos e sociais) da explotación.

A sustentabilidade social, por exemplo, está directamente relacionada coa aceptación social da produción de leite e da calidade de vida dos individuos que están implicados no proceso produtivo.

Os puntos principais da aceptación social son o benestar animal, a produción compatible co medio ambiente, a seguridade e autenticidade alimentaria e a calidade das producións. Como indican Borreani et al., (2013) a avaliación da autosuficiencia en termos de materia seca, enerxía e proteína das granxas leiteiras pode ser introducido como un indicador do seu robustez e resiliencia.
 
Nas conclusións do foro INIA INLAC celebrado entre investigadores e industria en Madrid o 14 de abril de 2015, se sinalaba a necesidade de focalizar os esforzos da investigación aplicada en aspectos como a mellora da eficiencia dos sistemas forraxeiros das explotacións, a diferenciación do leite en función do sistema de produción, a relación entre os compoñentes do leite e a súa influencia na saúde humana, a análise da sustentabilidade dos sistemas produtivos e a súa adecuación ás demandas actuais dos consumidores.
 
O proxecto se focaliza na análise global de diferentes sistemas de produción de leite de vaca con base forraxeira, a desenvolver na finca experimental do CIAM, analizando o efecto sobre a autosuficiencia de alimentos e a dependencia de insumos externos, sobre a produtividade e composición do leite ao longo dunha lactación completa, sobre as emisións netas globais de CO2 eq. e sobre o custo de produción.
Palabras crave: Base forraxeira da explotación, autosuficiencia en materia seca, enerxía e proteína, uso de forraxes e outros alimentos non utilizables na alimentación humana vs. uso de concentrados, rotacións forraxeiras, calidade vs. produción forraxeira, custos de alimentación, pastoreo vs. forraxe conservada, emisións de gases de efecto invernadoiro, regulacións ambientais, calidade do leite, saúde humana.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados