fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2019-01
Ano de inicio: 2019
Investigador Principal: Santiago Crecente Campo
Outros investigadores: Teresa Moreno López COOPERANTES: Betanzos Carnes
Departamento:
Área:

 A demanda actual de carne de calidade procedente de vacún maior en España está a experimentar un notable incremento, sobre todo na restauración. Coa posta en marcha no ano 2017 da IXP Vaca e Boi de Galicia, coa que se pretende valorizar vacas e bois nacidos, criados e sacrificados en Galicia, xurde a oportunidade de crear un novo nicho de negocio, co obxectivo de que o valor engadido da venda destes animais repercuta nas explotacións galegas. O potencial deste tipo de produción en Galicia é enorme, sobre todo na raza frisona, debido ó seu elevado censo.

Dentro das carnes de vacún maior, a que goza de máis prestixio é a carne de boi. Para ser amparada pola IXP, debe proceder de machos castrados antes do ano de vida, ter polo menos catro anos de idade no momento do sacrificio e cumprir os requisitos de calidade do canal que marca o regulamento da IXP.
Neste proxecto proponse o estudo do tipo de dieta (máis ou menos intensiva) na cría de bois de raza frisona. O sacrificio terá lugar ós 4 anos de idade. Utilizaranse 22 animais, que se dividirán en 2 grupos. Un grupo alimentarase a base de pasto e silo de herba, recibindo un acabado final con concentrado de 6 meses de duración. O outro grupo tamén se alimentará de pasto e silo de herba, pero cun suplemento de concentrado ó longo de toda a vida, e cun cebo final de 12 meses de duración. Analizaranse os parámetros de crecemento e a calidade do canal e da carne dos dous grupos de estudo.
 
Na actualidade practicamente non existen estudos que inclúan animais sacrificados a idades tan altas, pois a maioría céntranse en animais tipo tenreira. Considérase, polo tanto, de especial relevancia proporcionar ós gandeiros información fiable de sistemas de produción e carne de boi en base a pastos e forraxes.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados