fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2020-03
Ano de inicio: 2020
Investigador Principal: Santiago Crecente Campo
Outros investigadores: Teresa Moreno López COOPERANTES: Betanzos Carnes
Departamento:
Área:

 No ano 2017 xurdiu a IXP Vaca e Boi de Galicia, que ampara a carne de vacún maior procedente de animais nacidos, criados e sacrificados en Galicia. O fin da IXP é valorizar a carne das vacas e bois galegos, a través dun período de cebo que permita obter unha carne de alta calidade, conseguindo que o valor engadido destes animais repercuta nas explotacións galegas.

Os canais destes animais caracterízanse por ter un alto contido de graxa, o que se consegue proporcionando unha dieta altamente enerxética durante un período de cebo. Asemade, apréciase que a cor da graxa sexa amarelo-alaranxada, cor que procede fundamentalmente do contido en B-caroteno do alimento.
 
Durante o cebo do vacún maior, para conseguir un adecuado equilibrio entre custos de produción e beneficio, resulta fundamental a introdución de forraxes ensilados na dieta, tratando de diminuír o consumo de concentrado.
Unha vez sacrificados, un dos factores máis importantes a ter en conta na calidade desta carne é o proceso de maduración.
 
Para isto, seleccionaranse 40 vacas de descarte das razas Rubia Galega e Holstein-Friesian, procedentes dos rabaños experimentais do CIAM. Os efectos a estudar serán o efecto da adición de B-caroteno na coloración da graxa, e o efecto do tipo de dieta na calidade da canal e da carne.
Os obxectivos de estudios son:
1- Determinar o efecto da suplementación con B-caroteno na cor da graxa subcutánea.
2- Determinar o efecto do tipo de alimentación na ganancia de peso e na calidade do canal e da carne.
3- Analizar o efecto do período de maduración na calidade da carne.
Considérase que a transferencia destes resultados será demandado polo sector de vacún, como unha ferramenta importante para aportar

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados