Código do proxecto: AC2020-02
Ano de inicio: 2020
Investigador Principal: Carmen Calvo Santalla
Outros investigadores: Manuel López Luaces COOPERANTES: Subdirección Xeral de Gandaría- Consellería do Medio Rural; ADSG Curtis; ADSG do Gando Vacún de Mesía
Departamento:
Área:
A IBR é unha enfermidade infecto-contaxiosa que afecta a bovinos e que provoca sintomatoloxía respiratoria e reprodutiva, así como diminución na produción de leite. A súa importancia tamén se debe ás restricións do movemento de gando e a influencia que isto ten no mercado. Recentemente, o Goberno español publicou un Real Decreto que instaura un plan voluntario para o control e erradicación desta enfermidade. En Galicia veñen desenvolvéndose programas sanitarios a través das asociacións de defensa sanitarias gandeiras, e entre eles está o da IBR. O diagnóstico oficial lévase a cabo no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia. Porén estas técnicas están encamiñadas á detección da enfermidade, e non contemplan a utilización de técnicas complementarias de uso non rutineiro. Por iso, nesta acción de cooperación plantéxanse unha serie de propostas encamiñadas a completar aspectos non considerados no diagnóstico rutineiro.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX