Código do proxecto: Conecta Peme IN852A 2018/56
Ano de inicio: 2018
Investigador Principal: Manuel Riveiro Leira
Outros investigadores: Empresa solicitante: Freshcut SL. Empresas colaboradoras: Hospital Povisa SA Ecocelta Galicia SL Otros OPIs: ANFACO-CECOPESCA
Departamento:
Área:
O obxectivo deste proxecto transversal é deseñar un plan de xestión integral da cadea produtiva, para exercer un maior impacto no envellecemento saudable, mediante a participación dos diferentes axentes que a compoñen: produtores primarios, industria transformadora, axentes de innovación e sistema de saúde.
Persíguese formular alimentos funcionais de V e VI gama empregando hortalizas da horta galega en base ás necesidades detectadas polo sistema de saúde e ás necesidades de mercado detectadas pola industria transformadora.
As variedades de hortalizas terán que ser analizadas para seleccionar aquelas que teñan a mellores propiedades para ser utilizadas como alimentos funcionais.
Para determinar a eficacia dos alimentos desenvolvidos deseñaranse estudos clínicos nos que se valorarás o impacto que teñen estes alimentos no estado de saúde de anciáns fráxiles hospitalizados.
Co fin de desenvolver unha xestión sostible da produción destes alimentos deseñarase un proceso de biodixestión dos subprodutos resultante do procesamento das hortalizas. Finalmente péchase o ciclo produtivo cando os substratos específicos de alto valor biolóxico resultantes da biodixestión se reincorporen novamente ao proceso de produción hortalizas.