Código do proxecto: Conecta Peme IN852A2018/3
Ano de inicio: 2018
Investigador Principal: Manuel Riveiro Leira
Outros investigadores: Empresa solicitante: INTACTA GESTIÓN AMBIENTAL SL. Empresas colaboradoras: ECOCELTA GALICIA SL, DEMAUX MANUFACTURE SL, Otros OPIs: CETMAR
Departamento:
Área:
Os residuos de algas de arribazón son un problema ambiental moi significativo en Galicia, con gran impacto nos sectores turístico e pesqueiro. A solución a este problema pasa por desenvolver procesos de valorización que permitan dar unha utilidade a estes residuos e xerar unha actividade económica viable e sostible no tempo.
Nese sentido, o proxecto GESTALGAR busca demostrar que a compostaxe biolóxica de algas de arribazón é un proceso de valorización tecnicamente viable que pode ser desenvolvido a escala industrial de forma economicamente sostible e co que se poden desenvolver novos produtos e servizos co potencial de dar resposta a algúns dos principais problemas de rexeneración ambiental aos que se enfronta Galicia, como a recuperación de áreas incendiadas.
Por todo isto o obxectivo principal do proxecto GESTALGAR é deseñar, desenvolver e validar novos equipos, produtos e procesos de valorización do residuo de algas de arribazón para aplicacións agronómicas e de remediación ambiental de terreos afectados por incendios, noiros e augas acedas, co fin de competir nun mercado globalizado.
Para alcanzar este obxectivo principal o proxecto organízase na execución de tres actividades orientadas á consecución dos seguintes obxectivos técnicos:
1. Deseñar, desenvolver, construír e validar un prototipo móbil de tratamento de algas de arribazón para compostaxe.
2. Deseñar e desenvolver solucións de compostaxe biolóxica de algas de alto valor engadido específicas para aplicacións de rexeneración de áreas afectadas por incendios, rexeneración de noiros, tratamento de augas acedas, e aplicacións agronómicas; e os correspondentes procesos de fabricación a escala industrial.
3. Demostrar e validar en campo e a escala real os produtos elaborados en aplicacións agronómicas e de remediación ambiental, así como desenvolver os procedementos estandarizados correspondentes.