fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2017/021B
Ano de inicio: 2017
Investigador Principal: Manuel Riveiro Leira
Outros investigadores: Alfredo Taboada Arias, María Pilar Castro García. Entidade solicitante: AGACA
Departamento:
Área:

O proxecto ESTERCOSOL ten por obxecto conseguir unha segunda colleita nos invernadoiros das zonas interiores de Galicia, de xeito sostible e que non supoña un aumento na pegada de carbono das producións.
 
A calefacción do invernadoiro realizarase con aire quecido cunha bomba de calor cuxa fonte de calor será unha pilla de esterco en fermentación aerobia. Como a temperatura da pilla está altamente correlacionada coa actividade da biomasa esta temperatura controlarase polo fluxo de aire e humidade. Parte do fluxo de aire extraído da pilla (rico en CO2)  se utilizará para a fertilización carbónica do cultivo.
 
A enerxía eléctrica necesaria xerarase mediante paneis fotovoltaicos. Esta enerxía producida pasará a rede eléctrica e cando a necesite a bomba de calor a tomará da rede. 
O obxectivo deste proxecto é conseguir un sistema de xestión enerxética da explotación  con saldo neto nulo ou positivo no mellor dos casos.
 
Por outra banda, na procura de reducir os custe da explotación se propón que a fertilización sexa utilizando so o compost obtido da fermentación do esterco. Como idea innovadora proponse a utilización de ozono na auga de rega. O ozono actuará como axente oxidante, e variando a súa cantidade modúlase a cantidade de nutrientes a disposición da planta segundo as necesidades da planta en cada fase de crecemento. Deste xeito estase a procura da eliminación dos abonos de síntese que teñen un alto custe enerxético e polo tanto unha gran pegada de carbono.

 feader

 

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados