Código do proxecto: FEADER 2018/031A
Ano de inicio: 2018
Investigador Principal: Juan Castro Insua
Outros investigadores: Entidade solicitante: LETME Soluciones SL; Entidades colaboradoras: Sistema de Desarrollo Integral del Territorio; ECOCELTA Galicia S.L.
Departamento:
Área:
O proxecto pretende probar a eficiencia dunha nova unidade empacadora de biomasa forestal que desenvolveu unha empresa finlandesa e que ten aplicación en masas que deben ser obxecto de tratamentos silvícolas na comunidade autónoma galega.
Esta unidade permitirá o procesado de biomasa forestal coa máxima calidade, xa que o arborado é procesado sen arrastre algún de contaminantes, producindo pacas cilíndricas dunhas dimensións aproximadas de 2600x550 mm, podendo incluír ademais biomasa arbustiva de gran porte e arbóreo sen uso industrial de até 280 mm de diámetro. Desta forma, conséguese revalorizar a biomasa forestal, que, doutro xeito, quedaría no monte ou en caso de ser retirada, sería moito máis custoso, cos medios que existen actualmente para este fin.
Para iso, por unha banda, farase un estudo de tempos de traballo e rendementos que nos permita comparala coa maquinaria forestal utilizada actualmente para estes mesmos fins e valorar a súa utilidade para as características intrínsecas que caracterizan a fisiografía galega, así como a distribución de terras e o gran minifundio que as caracteriza.
Doutra banda, faranse diferentes estudos sobre o produto obtido que nos permitan caracterizalo e atopar posibles clientes potenciais para a compra das mesmas, o que permitirá diminuír ou mesmo anular os custos derivados da extracción da biomasa forestal residual ó mesmo tempo que se revaloriza o produto obtido.
Os estudos irán encamiñados para empregar o produto obtido na elaboración de abonos e substratos de cultivo polo método de compostaxe ou vermicompostaxe, valorización enerxética e para a elaboración de camas de calidade para gando.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX