fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2018/054B
Ano de inicio: 2018
Investigador Principal: Thierry Dagnac
Outros investigadores: Gonzalo Flores, César Resch, Adrián Botana, Valentín García; Entidade solicitante:Consello Regulador IXP Mel de Galicia; Entidades colaboradoras: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo
Departamento:
Área:

 A análise dos alimentos é un campo en progreso continuo, que é impulsado particularmente polas crecentes demandas dos consumidores, tanto pola inocuidade coma pola calidade dos alimentos. Unha recente visión revolucionaria da análise dos alimentos é a emerxente disciplina da foodomics que estuda os dominios da alimentación e a nutrición a través da aplicación e integración de tecnoloxías avanzadas “ómics”. Esta ciencia axuda a resolver algúns dos novos desafíos aos que se enfrontan a seguridade e calidade alimentaria e a rastrexabilidade. Estes desafíos abarcan o establecemento de metodoloxías analíticas máis poderosas para garantir a orixe e a calidade dos alimentos ou o descubrimento de (bio)marcadores.

Os ácidos fenólicos e os flavonoides constitúen un dos parámetros de calidade máis importantes do mel xa que lle confiren a súa cor, propiedades organolépticas e actividade antioxidante beneficiosa para a saúde. Estes fenoles pódense utilizar como indicadores da orixe floral e botánica, especialmente poles, néctares, resinas e aceites.

A información dispoñible sobre o uso das técnicas “omic” para a discriminación, a rastrexabilidade e a autenticación do mel é aínda limitada, o cal motiva o alcance da maioría dos obxectivos perseguidos neste GO.

A exploración de marcadores específicos utilizando a metabolómica glogal “non target” permitirá abordar a discriminación de meles con diferentes orixes florais e xeográficos. Concretamente, proporcionarase un método de caracterización para diferenciar o mel producido en Galicia e confirmar a súa calidade, cun enfoque particular ao contido de antioxidantes nos meles monoflorais.

Propoñerase unha nova estratexia baseada nun procedemento estandarizado para o descubrimento de marcadores en Mel de Galicia e aumentar o seu valor engadido introducindo un produto “Premium”.

feader

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados