fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2017/049B
Ano de inicio: 2017
Investigador Principal: Santiago Crecente Campo
Outros investigadores: Manuel López Luaces; Entidade solilcitante: Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo; Entidades colaboradoras: Universidade da Coruña, 3eData, Centro Tecnolóxico da Carne, Asociación de Gandeiros de Cabalos Monte da Groba, M.V.M.C. de Carballo
Departamento:
Área:

 En Galicia existe un sistema tradicional de manexo agrogandeiro, no que se mesturan greas de cabalos bravos e gando común que pastan en amplas extensións de monte, polo xeral Montes Veciñais en Man Común. Os cabalos bravos (ou bestas) xogan un papel fundamental neste sistema pola capacidade que posúen para controlar a biomasa forestal, mellorar os pastos para gando vacún e conservar os hábitats naturais, polo que constitúen unha valiosa ferramenta de xestión do medio agroforestal. Este proxecto aplicará novas tecnoloxías na xestión dos cabalos bravos co fin de poñer en valor este recurso e evitar problemas para propietarios e administración. Estas tecnoloxías combinan sistemas de información xeográfica, a implantación de GPS nos animais, novos sistemas de marcado, valados virtuais, e uso de imaxes multiespectrais tomadas dende drons e satélite.

Os datos obtidos permitirán coñecer o uso do espazo polas bestas, e integralo coas características do hábitat para facilitar o manexo e deseñar medidas que minimicen conflitos sociais. A modelización do estado de conservación e produtividade da vexetación mediante índices proporcionará pautas do uso dos cabalos como ferramentas de xestión do medio. Os datos serán integrados nunha plataforma dixital de apoio aos besteiros.

O proxecto favorece a continuidade da presenza do cabalo bravo en Galicia como un valor ecolóxico e patrimonial a conservar, ao tempo que fomenta a sustentabilidade do uso do recurso, en tanto que responde á necesidade dunha produción gandeira sostible aliñada cos obxectivos da AEI (Regulamento UE nº 1305/2013):

a)    Utilización eficiente dos recursos do monte

b)    Abastecemento de alimentos, dun sistema de produción totalmente ecolóxico

c)    Mellora da protección do medio ambiente, en canto a que posúe un efecto beneficioso para os hábitats de interese comunitario

feader

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados