fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2017/022B
Ano de inicio: 2017
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch Zafra, Thierry Dagnac, Adrián Botana Fernández, Juan Valladares Alonso, Valentín García Souto; Entidade solicitante: Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL); Entidade colaboradora: UGASMA SCG
Departamento:
Área:

 O obxectivo central do proxecto é mellorar a sostibilidade das explotacións leiteiras de vacún de Galicia desde o punto de vista da redución das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e incrementar o valor do leite producido en sistemas de baixo carbono. O estudo se realizará nunha mostra de 50 granxas representativas do gradiente de intensificación existente na práctica, que serán visitadas por persoal técnico cualificado e coñecedor do manexo das explotacións.  No Grupo Operativo se integran UGASMA, cooperativa láctea cun alto nivel de tecnificación produtiva , o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, referencia no estudo de sistemas de produción de leite de vacún.

 As hipóteses que se pretenden verificar, tras recoller información nas explotacións e calcular as emisións de GEI mediante metodoloxía recoñecida pola Federación Internacional de Leitería (FIL-IDF 2015) son:

 a) É posíbel clasificar os sistemas de produción de leite predominantes en Galicia en función do seu índice de emisións?

b) Dentro de cada sistema, cal é o grao de variabilidade das emisións, e cales son os puntos críticos de manexo que diferencias as granxas de alto e baixo grao de emisións?;

c) Sería posíbel a introdución de modificacións para diminuír as emisións de forma compatíbel co mantemento da produtividade nas granxas?

d)  Cal é a relación entre a composición do leite e os índices de emisión das explotacións?

e) É posíbel desenvolver modelos preditivos das emisións mediante análise instrumental avanzado (espectroscopía) de mostras de leite, potencialmente adaptados ás rutinas analíticas de servizo do LIGAL?

f) É posíbel, en función dos resultados, propoñer novos índices de pagamento do prezo do leite por calidade que incrementen, co apoio da industria, o valor do leite producido en sistemas de baixas emisións, restaurando a conexión coas demandas dos consumidores?.

feader

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados