fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2018-05
Ano de inicio: 2018
Investigador Principal: Juan Castro Insua
Outros investigadores: Juan Valladares Alonso, José Ángel Veiga Dopico, Mª José Bande Castro. Cooperante: Calfensa Proxectos SL
Departamento:
Área:

federinia

 

ACCIÓNS DE COOPERACIÓN PARA A IMPLANTACIÓN DE PROXECTOS PILOTO, DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NOS SECTORES AGROALIMENTARIO, AGRÍCOLA E FORESTAL

A intensificación da produción leiteira en Galicia, incrementou o consumo de auga debido o aumento tanto do número de vacas por explotación como o rendemento leiteiro.

O aumento das temperaturas, debido ao cambio climático, incrementará o consumo de auga, sobre todo nos meses de verán, polo gando debido a unha maior transpiración.
Por estas razóns é necesario racionalizar o consumo de auga nas explotacións de vacún galegas mediante o aforro no consumo, nas tarefas de limpeza das salas de muxido de espera, etc.
Tamén existe a posibilidade de almacenar auga de choiva recollendo a que cae nos tellados das naves, e a das escorrentas superficiais.
 
Con este proxecto preténdese abordar aspectos que afecta as seguintes áreas prioritarias de actuación das iniciativas de cooperación:
 
Xestión sustentable dos recursos naturais
Xestión dos recursos hídricos agrícolas, en particular nas tecnoloxías de xestión e utilización de augas superficiais para a súa utilización sustentable e eficiente na rega de cultivos, control de canles e prevención de inundacións
Mitigación do cambio climático en explotacións agrarias para fomentar o paso a unha economía baixa en carbono, lograr mellorar a eficiencia do uso da auga e da enerxía e facilitar o uso de fontes renovables de enerxía
Sistemas agrarios de produción
Aumento da sustentabilidade e competitividade dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal orientado á salvagarda da saúde dos consumidores, á mitigación dos impactos ambientais e á loita contra o cambio climático. Inclúense o desenvolvemento e a obtención de novas tecnoloxías, equipamentos e instalacións, maquinaria, sistemas de produción, manexo e recolección dos cultivos, etc.
Estudo da eficiencia de uso e do impacto no medio natural dos recursos internos e externos das explotacións (terra, auga, enerxía e nutrientes)
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados