Código do proxecto: AC2018-06
Ano de inicio: 2018
Investigador Principal: Julio Enrique López Díaz
Outros investigadores: Cristina Isabel Fernández Otero. Cooperantes: Calfensa Proxectos SL, Universidade de Santiago de Compostela
Departamento:
Área:
ACCIÓNS DE COOPERACIÓN PARA A IMPLANTACIÓN DE PROXECTOS PILOTO, DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NOS SECTORES AGROALIMENTARIO, AGRÍCOLA E FORESTAL
O trevo violeta (Trifolium pratense L.) é unha leguminosa forraxeira perenne que proporciona pasto abundante e de boa calidade. Galicia necesita dispoñer de recursos forraxeiros en cantidade e en calidade debido a que ten unha elevada explotación gandeira, tanto na produción de leite como de carne de vacún. Por elo, é preciso contar cunha boa base forraxeira que forneza o sector, con alta competitividade nos mercados, e que cumpra coas esixencias dos consumidores para dispoñer de alimentos de calidade e ao mesmo tempo que requiran baixos insumos (low-input) por estar máis adaptadas ás nosas condicións edafoclimáticas (produción sostible e respectuosa co medio ambiente).
A caracterización, avaliación e conservación dos recursos fitoxenéticos de leguminosas pratenses son dous obxectivos crave nos bancos de xermoplasma, polo tanto con este traballo estruturado para 2 anos, preténdese realizar unha caracterización de poboacións naturais de trevo violeta (15 poboacións naturais e 5 variedades comerciais) conservadas no banco do CIAM, empregando descritores agro-morfolóxicos, e completar o estudo coa realización de análises moleculares tipo SSR para atopar diferencias xenéticas que poidan diferenciar as mesmas non detectadas por caracteres fenotípicos. Nalgúns casos, os caracteres morfofisiolóxicos non proporcionan unha cuantificación adecuada da variabilidade xenética, a cal pode ser sobreestimada debido á plasticidade fenotípica xeralmente presente nas especies forraxeiras ou ben por diferencias ambientais. O emprego combinado de marcadores moleculares posibilita completar o estudo da diversidade xenética baseada nos polimorfismos fenotípicos e xenómicos que as plantas presenten entre elas.
As poboacións naturais do estudo, conservadas no banco de xermoplasma do CIAM, se instalarán nun campo de ensaio de plantas individuais ao aire libre con material xenético colleitado no NW peninsular para caracterizar agromorfolóxica e molecularmente 15 poboacións de trevo violeta xunto con cinco variedades comerciais como testemuña.