fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2016/12B
Ano de inicio: 2016
Investigador Principal: Mª Isabel García Pomar
Outros investigadores: Dolores Báez Bernal, Juan Castro Insua, Juan Valladares Alonso, Valentín García Souto, Mercedes Mella Lema. EMPRESA SOLICITANTE: CAP, COOP. SAN ESTEBO DE QUINTANS, GANDEIRÍA IGLESIAS SAT 1040 XUGA.
Departamento:
Área:

 O sistema de produción das explotacións de vacún leiteiras galegas está asociado ao uso na alimentación de forraxes producidas na propia explotación (pradeira e millo forraxeiro) e de concentrados comprados.

As pradeiras constitúen unha parte esencial dos sistemas gandeiros de Galicia representando un 77% da superficie forraxeira cun total de 208 613 ha e por outro lado o millo forraxeiro supón o 23% cun total de 63 595 ha.

A eficiencia no uso do nitróxeno nas explotacións leiteiras galegas é das máis baixas de Europa cun 28%, o que supón ademáis riscos de contaminación do medio.

A utilización de técnicas de aplicación localizadas e o uso de inhibidores da nitrificación como o DMPP, así como o establecemento de rotacións forraxeiras con introdución de leguminosas melloran a eficiencia no uso do nitróxeno e poden diminuir a contaminación.

O obxectivo xeral do proxecto é o incremento da produción e da calidade proteica das forraxes, de cara a obter un bo nivel produtivo do gando, respectando ao medio e optimizando a eficiencia no uso do nitróxeno aplicado cos fertilizantes orgánicos da propia explotación. Para lograr este obxectivo farase un desenvolvemento, demostración e difusión das seguintes prácticas: Incorporación de inhibidores da nitrificación en plans de fertilización orgánica, utilización de maquinaria axeitada na distribución localizada de xurros en pradeiras e outros cultivos forraxeiros e na distribución en pastoreo de dexeccións gandeiras, e incorporación na superficie das explotacións de cultivos forraxeiros con leguminosas. Se prevé conseguir os seguintes resultados: redución das aplicacións de fertilizantes nitroxenados minerais e de emisións de gases efecto invernadoiro, implementación de maquinaria apropiada para a distribución localizada de xurros, mellora da autonomía forraxeira e da economía das explotacións.

A participación do persoal técnico da CAP de A Coruña e do CIAM e a dos gandeiros favorecerá enormemente o labor de difusión.

 

OBXECTIVOS DO PROXECTO

O obxectivo xeral do proxecto é o incremento da produción e da calidade proteica das forraxes respectando ao medioambiente e optimizando a eficiencia no uso do nitróxeno aplicado cos fertilizantes orgánicos producidos na propia explotación.

Os obxectivos concretos son:

a) Redución das aplicacións de fertilizantes- coa subseguinte eliminación do consumo de enerxía utilizada na súa fabricación- e de emisións de gases efecto invernadoiro (GEI) mediante a incorporación do inhibidor da nitrificación DMPP aos xurros.

b) Implementación de maquinaria apropiada para a distribución localizada de xurros en pradeiras e outros cultivos forraxeiros e para distribución en pastoreo de dexeccións gandeiras, de baixo consumo enerxético.

c) Incremento na superficie das explotacións de rotacións forraxeiras que incorporen leguminosas, así como a presenza das leguminosas nas pradeiras.

d) Mitigación dos malos olores na contorna das explotacións gandeiras, dada a súa imaxe negativa na sociedade.

e) Mellora da economía das explotacións.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados