fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
Nº: 3 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Data: 27/12/2021

portada

DESCARGAR Nº 3 DA REVISTA PDF 

Neste número arrancamos cun traballo sobre o millo forraxeiro en ecolóxico que xorde dunha conversa informal entre un participante a un curso e os investigadores do CIAM. Este tipo de interacción é testemuña da colaboración directa co traballador do campo que caracteriza o noso centro de investigación. Nesta mesma liña de cultivos forraxeiros, facemos a segunda entrega sobre o sorgo  forraxeiro, un cultivo no que o CIAM leva experimentando dende 1986.

 
Seguindo coa temática colaborativa, presentámosvos un traballo sobre a calidade da carne de poldro realizado en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne e coa Escola de Enxeñeiros Agrónomos da Universidade de Navarra. Tamén abordamos o tema do cruzamento industrial en ganderías de vacún de leite.
 
Incluímos tres artigos diversos que nos pareceron de grande interese: por un lado, un estudo dos lévedos presentes nos principais queixos artesanais galegos; por outro lado, unhas recomendacións para o encalado de cultivos forraxeiros; e, por último, unha análise da eficiencia no uso do nitróxeno das granxas leiteiras galegas.
 
E estreámonos na sección de horta cun traballo de avaliación e recuperación de variedades tradicionais de tomate, un esforzo importantísimo nesta era de bombardeo de novas variedades comerciais, que nos axuda a preservar a nosa diversidade xenética e os sabores de sempre.
 

DESCARGA Nº1 DA REVISTA  AGROEXPRES (PDF)

DESCARGA Nº 2 DA REVISTA AGROEXPRES (PDF)

DESCARGA Nº 3 DA REVISTA AGROEXPRES (PDF)

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados