fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Cursos impartidos
CURSO: Seguridade alimentaria: Agroecoloxía e consumo responsable

Data: 18/11/2021

DESCARGA DE DÍPTICO
DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
 
 
OBXECTIVOS
- Informar da importancia do consumo agroecolóxico para garantir a saúde e a seguridade alimentaria.
- Difundir os beneficios do consumo responsable, ecolóxico e local. Dieta atlántica. 
- Coñecer o impacto dos hábitos alimenticios sobre o medio. 
- Aprender sobre a etiquetaxe dos produtos ecolóxicos e a calidade nutricional. 
- Saber que é un alimento transxénico.
- Inquirir o impacto que teñen na saúde os produtos químicos de síntese empregados na agricultura.
 
DESTINATARIOS:
- Persoal  contratado (ou con expectativa de contrato) por empresas agrarias, agroalimentarias, gandeiras ou forestais.
- Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativa de incorporación  ao sector primario ou á industria transformadora.
- Agricultores/as activos/as, persoas dedicadas á actividade agraria con producións superiores ás de autoconsumo e dadas de alta no sistema de venda directa, persoal empregado no sector primario por conta allea ou persoas con solicitude de incorporación a través das submedidas 6.1 e 6.3.
- Calquera persoa con interese na materia, incluíndo as que se atopan en risco de pobreza e/ou exclusión social.
 
ORGANIZA.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (CIAM-AGACAL) 
Horario de 9:00 a 15:00 horas.
 
PROGRAMA:
09:00 – Presentación e proposta de obxectivos.
09:15 – Tema 1. A  Seguridade Alimentaria.
10:00 – Tema 2. Límites da agricultura convencional e consecuencias. Produtos agrarios de síntese química e riscos para a saúde.
10:45 – Tema 3. Alimentos transxénicos.
12:00 – Pausa   
12:30 – Tema 4. A Agroecoloxía como resposta os problemas de inseguridade alimentaria.
13:15 – Tema 5. Consumo responsable e obxectivos de desenrolo sostible (ODS). Hábitos saudables. Consumo agroecolóxico.
14:30 – Preguntas/Enquisa.
15:00 – Despedida e peche.
 
PROFESORADO:
- María del Carmen Fernández Ledo (xestora de proxectos sostibles e formadora especializada en Agroecoloxía).
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
 
Salón de actos do CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO.
Estrada Betanzos-Mesón do Vento Km 7 Abegondo (15318 A Coruña)
 
Debido á Covid-19, habilitarase a posibilidade de seguir o curso en liña vía Webex, para o cal deberase indicar na solicitude se asistirá presencialmente ou en liña.
Aqueles participantes que elixan a modalidade telepresencial recibirán un correo electrónico cun enlace para seguir o curso. 
 
SOLICITUDES:
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia.
As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico ao enderezo ciam.cmr@xunta.gal ou por fax 881 881 800
Prazas limitadas. Por rigorosa orde de inscrición.
Admitiranse solicitudes ata o 16 de novembro de 2021.
 
 
ACCIÓN DE FORMACIÓN CONTINUA AGROFORESTAL 2021, COFINANCIADA CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.
 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados