VIII Edición Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética
Data: 19/11/2021
DESCARGA DÍPTICO INFORMATIVO
OBXECTIVOS
1. Localización da información xenética de interese para unha explotación de produción de leite (catálogos, páxinas web, análises xenéticas e xenómicas, etc.) e a posterior selección da información de interese para cada explotación en función dos obxectivos produtivos.
2. Interpretar axeitadamente toda a información que proporcionan os catálogos de valoración de sementais e páxinas web, así como a información obtida da implementación recente das probas xenómicas, especialmente para garantir a adecuada reposición nunha explotación.
3. Aplicación práctica da información:
- buscar os apareamentos idóneos para conseguir a mellora dos caracteres de interese
(leite, graxa, proteína, lonxevidade, corrección de problemas podais ... )
- seleccionar os animais idóneos para garantir a mellor reposición posible en cada gandería
- aparear estes animais destinados á obtención de reposición cos sementais adecuados
- promover o uso do material xenético galego como material de calidade contrastada
- promover o apareamento con sementais carniceiros para a obtención de becerros de cruzamentos industriais.
4. Incrementar a rendibilidade dunha explotación co manexo adecuado das ferramentas que brinda a mellora xenética.
DESTINATARIOS
- Agricultores e gandeiros que actualmente traballen nas explotacións gandeiras ou que potencialmente poidan chegar a traballar nelas
- Mozos/as agricultores/as
- Mulleres e homes agricultoras/es
- Persoas que se incorporen ao sector primario de calquera idade
- Persoal técnico e asesor de explotacións gandeiras.
PROGRAMA
10:00 - 10:15 Presentación e proposta de obxectivos
10:15 - 11:00 - Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos e as bases de referencia
11:00 - 12:00 - Conceptos críticos: fiabilidade das probas, herdabilidade dos caracteres e consanguinidade dos apareamentos
12:00 - 13:00 - A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para a inseminación artificial. Obxectivos da selección
13:00 - 14:00 - Interpretación dos valores xenéticos. Parte 1
14:00 - 16:00 - Xantar (por conta dos asistentes)
16:00 - 7:00 Probas xenómicas fronte á selección convencional
17:00 - 18:00 - Interpretación dos valores xenéticos. Parte 2
18:00 - 18:30 - Pausa-café
18:30 - 19:00 - Os apareamentos. Programas informáticos de axuda
19:30 - 20:30 - Mesa redonda e resolución de dúbidas. Conclusións da xornada
PROFESORADO
- USC: Ramiro Fouz Dopacio (Profesor da USC-Campus Terra)
- XENÉTICA FONTAO: Alejandro Fernández Fernández (Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética)
- AGACAL: Manuel López Luaces (Xefe de Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria)
ORGANIZA
CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (CIAM-AGACAL).
SOLICITUDES
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia
As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico: ciam.cmr@xunta.gal. ou por fax (881 881 800)
20 prazas. Por rigorosa orde de inscrición
Admitiranse solicitudes ata as 15:00 horas do día 18 de novembro.
“Plan de transferencia tecnolóxica 2021 para o apoio ás actividades de demostración e información cofinaciada ao 75% con fondos FEADER”