fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Xornada técnica: pasado, presente e futuro das marcas de calidade diferenciada de Galicia. Relación co sistema galego de I+D+I

Data: 22/10/2021

INTRODUCCIÓN

A calidade é unha das ferramentas máis eficaces coa que contan os agricultores europeos para afrontar a competencia cada vez maior dos países emerxentes e das grandes marcas. As últimas crises agroalimentarias, xunto co maior poder adquisitivo da poboación, fixeron que os consumidores concederan unha importancia crecente á calidade dos alimentos, cunha demanda en aumento de produtos alimentarios de orixe xeográfica específica e certificada.

Ligados a estas variables xeográficas aparecen os alimentos de calidade diferenciada, entendidos como tales: "produtos protexidos pola normativa comunitaria que garante o cumprimento de requisitos superiores aos requiridos para outros produtos".
 
Estes produtos de calidade diferenciada promoven a diversificación da produción agrícola, para lograr un mellor equilibrio no mercado entre a oferta e a demanda, contribuír á mellora dos ingresos dos agricultores e ao asentamento da poboación rural nesas zonas.
 
No ano 2021 prevese a actualización da Lei de Calidade Alimentaria que actualizará a normativa vixente do ano 2005, e na que, entre outros aspectos, se pretende potenciar as figuras das D.O.P. e I.X.P.
 
Os centros de investigación galegos  I+D+i foron, en moitos casos, participes nos procesos de creación e consolidación de moitas das 36 marcas de calidade diferenciada existentes na actualidade na nosa comunidade, existindo en moitos casos unha relación de longo percorrido na que os centros, a traveso de proxectos de investigación e de transferencia de tecnoloxía deron resposta aos retos e demandas das marcas de calidade.
 
Neste contexto, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Fundación Juana de Vega organizan o vindeiro 22 de outubro, unha xornada de transferencia, realizada no marco do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Nesta xornada amosaranse algúns dos proxectos vinculados ao desenvolvemento das DOP e IXG Galegas nos que participa o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e outros centros dependente da AGACAL.
 
A presentación de resultados e liñas de traballo, enmárcase cunha mesa redonda na que representantes dalgunhas das DOP e IXP de maior traxectoria en Galicia expliquen a súa experiencia en relación á transferencia de coñecemento e expoñan as necesidades de I+D+i non cubertas.
 
A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores relacionados coa agricultura, gandeiría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
 
DATA 
 
Venres 22 de outubro de 2021
 
PROGRAMA
 
9:00—9:30 h Recepción dos asistentes e entrega de materiais
 
9:30-9:50 h Presentación das xornadas
 
Director da AGACAL
 
Director do CIAM
 
Julio López Díaz. CIAM
 
Director de la Fundación Juana de Vega
 
9:50-10:20 h A calidade diferenciada como valor para conquistar os mercados internacionais: estratexia e programas de apoio.
 
María Naranjo Crespo. Directora de Industrias Alimentarias ICEX
 
10:20-10:40 h Pementos galegos amparados polas DOP e IXP
 
Alfredo Taboada Arias. Investigador CIAM
 
10:40-11:00 h Recuperación de trigos autóctonos para a “IXP Pan Galego”
 
Luis Urquijo Zamora. Investigador CIAM
 
11:00-11:20 h Estudios de valoración do Vacún Maior para a produción de carne de calidade  como base da creación da IXP  Vaca Galega e Boi Galego.
 
Teresa Moreno López. Investigadora CIAM
 
11:20-11:30 h Preguntas bloque 1
 
11:30-12:00 h Pausa- café
 
12:00-12:20 h O material vexetal na produción de castaña
 
Josefa Fernández López.
Coordinadora dos proxectos de castiñeiro no CIF Lourizán.
 
12:20-12:40 h Implicacións da EVEGA coa produción vitivinícola de calidade diferenciada
 
Emilia Díaz Losada. EVEGA
 
12:40-12:50 h Preguntas bloque 2
 
12:50-13:50 h Mesa redonda con representantes de diferentes marcas de calidade de Galicia (Consellos Reguladores) e produtores amparados.
 
Moderador: Cesar Resch. CIAM
 
13:50-14:00 h Preguntas
 
14:00 h Fin da xornada
 
LOCALIZACIÓN
Salón de actos do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).
 
Estrada Betanzos- Mesón do Vento, km7; Abegondo (15318 A Coruña)
 
INSCRICIÓN
 
Para inscribirse de balde á XORNADA TÉCNICA: PASADO, PRESENTE E FUTURO DAS MARCAS DE CALIDADE DIFERENCIADA DE GALICIA. RELACIÓN CO SISTEMA GALEGO DE I+D+i   organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo en colaboración coa Fundación Juana de Vega, é necesario descargar, cumprimentar e asinar o seguinte formulario estándar:
 
DESCARGAR FORMULARIO DE REXISTRO OPEN OFFICE
 
DESCARGAR FORMULARIO DE REXISTRO PDF
 
Unha vez completado e asinado, debe enviarse por correo electrónico a info@juanadevega.org
 
Por limitación de capacidade debido á Covid-19 habilitarase a posibilidade de seguir a xornada en streaming, para o  cal se deberá indicar no correo electrónico se asistirá presencialmente ou online.
 
Aqueles participantes na modalidade online recibirán un correo electrónico coa ligazón para seguir a xornada.
 
XORNADA REALIZADA NO MARCO DO PLAN DE TRANSFERENCIA PARA APOIO A  ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÇON E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALLEGO 2021, COFINANCIADA POLO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMTO RURAL (FEADER) NO EL MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados