Data: 09/07/2021
Neste número 2 da revista atoparedes, na área de cultivos, un artigo sobre o sorgo forraxeiro e outro sobre variedades de millo destinadas á fabricación de aditivos para cervexa. Na temática de fertilización, abordamos un traballo sobre a interpretación das analíticas do solo e desenterramos un que utiliza a cuncha de mexillón como fertilizante. No relacionado coa produción animal, presentámosvos unha publicación sobre o efecto da idade de sacrificio nas características da carne e outra que describe unha colaboración internacional entre o CIAM e países europeos en temas leiteiros. Tamén botamos unha ollada como o tipo e tamaño das explotacións leiteiras afectan as emisións de gases de efecto invernadoiro, con consellos sobre como reducilas. E para rematar, un bonito traballo sobre unha tradición galega que ocupa a nosa portada — o sistema de rega en ambientes de montaña denominado “lameiros”.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX