fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Visitas divulgativas
Un grupo de alumnos da Escola Politécnica Superior da USC en Lugo coñeceron os proxectos de investigación desenvoltos no CIAM

Data: 14/05/2021

Un grupo de alumnos da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Lugo visitou estes días as instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) para ver de preto os traballos que está a desenvolver a prol do rural e da transferencia de coñecementos ao sector primario.

visitausc

En concreto, desprazáronse ao Centro tanto estudantes dos graos de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria como do dobre Grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural do campus de Lugo da USC. A visita enmárcase no interese da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), por divulgar os traballos de investigación agraria realizados no CIAM, contribuíndo á formación das novas xeracións a través da difusión das distintas tecnoloxías que se están implantando no sector primario.

 

En concreto, a visita comezou cunha explicación sobre os proxectos desenvolvidos arredor dos cultivos forraxeiros de inverno, incluíndo o desprazamento ás parcelas experimentais plantadas con distintas variedades de leguminosas e gramíneas, integrando rotacións de dous cultivos por ano e co millo como cultivo de verán. Segundo se lles trasladou, con estes traballos perséguese conseguir forraxes de alta calidade nutricional e reducir a dependencia proteica procedente do exterior, así como reducir os custos de alimentación no marco dunha agricultura de baixo carbono dentro das liñas e estratexias da Unión Europea para a agricultura.

 

Os alumnos tamén coñeceron os traballos de caracterización das variedades de trigo autóctono Callobre e Caaveiro, promovidas ao abeiro da IXP Pan Galego pola súa alta calidade. Ademais de cara á conservación destas variedades galegas tradicionais, os ensaios realizados no CIAM oriéntanse cara á mellora xenética destes trigos para a redución do talle da planta, conservando as súas características panadeiras orixinais para obter mellores rendementos produtivos.

 

Canto ás plantacións de lúpulo en ecolóxico, deuse a coñecer aos alumnos que a iniciativa de recuperar este cultivo en Galicia comezou no ano 2004 co estudo de ata 11 variedades diferentes, pasando no ano 2013 ao estudo experimental de lúpulo en ecolóxico como experiencia pioneira en España.

 

O percorrido polas instalacións do Centro rematou nas naves do gando vacún de leite, onde se lles explicaron os proxectos para avaliar a influencia do manexo dos animais na produción leiteira e nas características do leite producido. Dentro dunha das iniciativas de investigación cooperativa actualmente en execución, os alumnos coñeceron os pormenores dos ensaios encamiñados a obter novas tecnoloxías (NIRS e FTMIR) para trazar a orixe alimentaria do leite mediante a análise rápida das mostras, adaptadas ás rutinas analíticas do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal).

 

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo é un organismo público de investigación considerado como único en España por realizar o estudo das distintas compoñentes dos sistemas de produción de leite con base forraxeira, analizando a resposta agronómica dos cultivos, a resposta produtiva na alimentación das vacas e a composición do leite.

 

Para conseguilo, dispón dunhas 320 hectáreas dedicadas en exclusiva á investigación agraria e á transferencia de coñecementos ao sector, o que implica actividades agrícolas e de experimentación e demostración en pequena e gran parcela, así como o mantemento e desenvolvemento de actividades de investigación en rabaños de gando vacún -de leite e carne- e ovino que supoñen máis de 500 cabezas de gando.

Fonte: www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58040/centro-investigacions-agrarias-mabegondo-pon-relevo-ante-comunidade-universitaria

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS
foto
26/11/2022
Diversidade Específica do solo ligada ás prácticas tradicionais agrogandeiras no ZEC Ancares-Courel
foto
25/11/2022
Xornada Técnica: MELLOREMOS A SOSTIBILIDADE DAS EXPLOTACIÓNS CON BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN DO XURRO
foto
23/11/2022
Xornada técnica: Avaliación da saúde do sólo con bioindicadores na finca do CIAM

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados