fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
Resumo da Xornada de transferencia tecnolóxica no CIAM: Sistemas de transferencia de coñecemento no sector de vacún de leite

Data: 24/11/2017

 Xornada de transferencia tecnolóxica no CIAM: Sistemas de transferencia de coñecemento no sector de vacún de leite

transferenciaembrionaria

Dentro do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e da información ao agro galego 2017 que a Consellería do Medio Rural desenvolve a través dos seus centros de investigación, o pasado venres 24 de novembro tivo lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) unha xornada titulada “sistemas de transferencia de coñecemento no sector de vacún de leite”, na que participaron gandeiros, técnicos, investigadores e en xeral representantes de toda a cadea de producción.

A primeira intervención foi a da Licenciada en Medicina Veterinaria e Zootenia pola Universidade Autónoma do Estado de México, Dna Dalia Andrea Platas Reyes. Despois de desenvolver unha estadía de seis meses no CIAM, presentou unha poñencia na que mostrou os diferentes sistemas de produción leiteira en México e as colaboracións que establecen cos gandeiros da comunidade na que traballa o seu departamento universitario (Instituto de Ciencias Agropecuarias y Rurales – ICAR).

Seguidamente o Doutor Philippe Jeaneaux do campus SupVetAgro de Clermont-Ferrand en Francia, expuxo as dinámicas que están a empregar para a difusión do coñecemento entre os gandeiros. Asemade deu unha interesante visión en relación ás dificultades que deben de abordar as explotacións de leite coa chegada das novas tecnoloxías e a robótica.

A terceira intervención foi a do Doutor César Resch, investigador do INGACAL-CIAM e coordinador do Grupo Focal da DG de Agricultura da Unión Europea, que falou sobre as conclusións preliminares deste Grupo Focal que aborda as necesidades de innovación e grupos operativos para que as explotacións leiteiras sexan máis resilientes aos avatares sociais, económicos e medio ambientais. Desenvolveu tamén as principais liñas do Proxecto “Dairy For Future” que, coordinado con outras nove socios de Reino Unido, Francia, País Vasco, Irlanda e Portugal, comeza a súa andaina o próximo mes de Xaneiro.

Por último o Doutor Gonzalo Flores, Xefe do Departamento de Pastos e Cultivos do CIAM, fixo un relatorio do marco do traballo que se ven desenvolvendo nestes últimos anos no Centro, remarcando a importancia de incrementar a autonomía proteica das explotacións coa inclusión de especies leguminosas nas praderías ou en rotación que foi amplamente documentada. Explicou tamén os traballos que se están a levar a cabo conxuntamente có LIGAL na procura de trazadores en leite que nos sirvan para diferenciar de xeito analítico a procedencia do leite segundo o tipo de alimentación das vacas.

 transferenciaembrionaria

 

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados